Categoria: Partituras

é rama na maré, obra para gaita preparada e sanfona

Publicamos a partitura dunha nova obra composta por David Bellas para gaita tenor preparada e sanfona en descarga libre e gratuíta na sección Partituras da web commons.folque.com

O autor escribe o seguinte nas notas á partitura:

É rama na maré, é unha obra para dous instrumentos que pretende ser un xogo, un diálogo e unha aprendizaxe por medio da interacción e a escoita activa. Unha brincadeira polos espacios microtonais.

É rama na maré, son moitas cousas, pero sobre todo é unha forma de interactuar e aprender de forma lúdica mediante a repetición e asunción da sonoridade dun palíndromo que eu emprego coa a miña filla Uxía de tres anos. Tamén é unha postal, unha imaxe conxelada dun tempo no que eu era un neno e ía co meu avó Enrique buscar a madeira que chegaba a inexiste xa Praia da Carraca no Barqueiro (Mañón, A Coruña) xa que era moito mellor para a leña…”

Podes descarregar a partitura aqui:

É Rama na Maré
É Rama na Maré

Obra composta por David Bellas para gaita tenor preparada e sanfona

Size: 1.5 MB

Podes unha interpretación ao vivo desta peza, realizada na igrexa de Santa María de Godos (Caldas de Reis, Pontevedra) en outubro de 2022.

  • David Bellas: gaita-de-fole tenor preparada, burbullas, voz gravada
  • Iván Abal: sanfona

…Et Suseia, composição para gaita-de-fole e sanfona

Podes descarregar a partitura aqui:

… et suseia

Partitura para gaita-de-fole e sanfona de David Bellas escrita em encomenda para o XVIII Zona da Zanfona, Encontro Internacional.

Size: 469 KB

Publicamos esta obra do compositor David Bellas escrita em encomenda para a XVIII Zona da Zanfona, Encontro Internacional. Miniaturas sobre motivos para gaita-defole e sanfona que gravou o próprio autor e o Iván Abal. Gravado na sala multiusos do Auditorio de Rianxo, espaço especial para o festival #ZdZ, lugar onde acontecen os cursos de Zona da Zanfona, Encontro Internacional que cumpre no ano 2022 dezaoito edicións ininterrompidas desde o 2005 organizado por aCentral Folque.

O eco dun tempo pretérito que resoa seccionado no aquí e agora…
Diálogo sempiterno de dous instrumentos que transitaron do erudito ao popular e do popular ao erudito en constante pulsión…
Camiño de ida e volta, circular como a roda, continuo como os bordóns…
Camiño iniciático, transmutación, máis aló, máis arriba… Et Suseia…

David Bellas: gaita-de-fole
Iván Abal: sanfona

“Están aí”, 1ª partitura para descarga livre em este site

Están aí
Están aí

Partitura de uma obra para gaita-de-fole e piano escrita por Javier María López com estreia em 2010

Size: 0.2 MB

Inauguramos esta seção de descarga de partituras com uma obra para gaita-de-fole e piano escrita por Javier María López, compositor galego. A nova lapela da web está aberta para todas as pessoas que queiram dispor do site de commons.folque.com para pendurar as notas musicais que desejem.

A primeira obra é “Están aí” do músico Javier María López Rodriguez, compositor, flautista, pedagogo e escritor que escreveu esta peça estreada o 18 de Fevereiro ano 2010 nas jornadas “Galegos hoxe!II Ciclo de música de Cámara” no Auditório de Vilagarcia de Arousa que interpretaram na altura Paulo p. (gaita) e Ivam Abal (piano).

Estas são as notas ao programa escritas pelo próprio autor:

“A anos vista, coido que “Están aí” nace nun (que non “dun”) intre de debate persoal sobre o que antropolóxicamente Francisco Cruces denomina “a contribución da música á creación de mundos”. Esta sinxela peza, dun xeito intuitivo e en tres seccións, confronta ás veces, amalgama noutras, aspectos dun mundo tradicional “canónico” – escalas mixtas, progresións ascendentes e descendentes… – con outros aspectos dun mundo que ben puido ser “canon de tradición” se algún etnógrafo tivese reparado en que tamén “esta aí” – métricas a cinco, modo mixolidio…-.”

+ info sobre Javier Mª López: http://www.folque.com/01.140415wp/aula-maxistral-con-javier-ma-lopez/