Publicamos a partitura dunha nova obra composta por David Bellas para gaita tenor preparada e sanfona en descarga libre e gratuíta na sección Partituras da web commons.folque.com

O autor escribe o seguinte nas notas á partitura:

É rama na maré, é unha obra para dous instrumentos que pretende ser un xogo, un diálogo e unha aprendizaxe por medio da interacción e a escoita activa. Unha brincadeira polos espacios microtonais.

É rama na maré, son moitas cousas, pero sobre todo é unha forma de interactuar e aprender de forma lúdica mediante a repetición e asunción da sonoridade dun palíndromo que eu emprego coa a miña filla Uxía de tres anos. Tamén é unha postal, unha imaxe conxelada dun tempo no que eu era un neno e ía co meu avó Enrique buscar a madeira que chegaba a inexiste xa Praia da Carraca no Barqueiro (Mañón, A Coruña) xa que era moito mellor para a leña…”

Podes descarregar a partitura aqui:

É Rama na Maré
É Rama na Maré

Obra composta por David Bellas para gaita tenor preparada e sanfona

Size: 1.5 MB

Podes unha interpretación ao vivo desta peza, realizada na igrexa de Santa María de Godos (Caldas de Reis, Pontevedra) en outubro de 2022.

  • David Bellas: gaita-de-fole tenor preparada, burbullas, voz gravada
  • Iván Abal: sanfona