Download here lastest version /
Descarga aquí a última version

Atlas De Zanfona V1.1
Atlas De Zanfona V1.1
Autor: Ariel Ninas e Antón Santamarina

Categoria: Livros
Data: 18 de Julho de 2024
1.3 MiB
499 Descargas
Mais detalhes...

[Galego]
aCentral Folque publica un libriño para descarga libre en formato .pdf no seu portal commons.folque.com de vocabulario e organoloxía das partes da zanfona en 12 idiomas con deseños e notas aclaratorias. Feito desde o galego na versión orixinal polo lingüista Antón Santamarina e o músico Ariel Ninas con colaboracións internacionais para as versións en inglés, francés, alemán, neerlandés, italiano, portugués, castelán, éuscaro, catalán, polaco e húngaro.
Este é apenas un documento de divulgación que pretende avanzar na fixación dunha nomenclatura sobre a zanfona para o seu coñecemento por parte de persoas curiosas no instrumento, construtoras, investigadoras e intérpretes. É susceptíbel de ser ampliado, revisado e criticado para acadar unha normalización da terminoloxía axeitada.
Este documento de 30 páxinas é auspiciado desde aCentral Folque na Galiza en conmemoración do XX Festival Zona da Zanfona. Está realizado polo músico Ariel Ninas e o lingüista Antón Santamarina, coa colaboración imprescindíbel e desinteresada de todas as persoas mencionadas en cada un dos idiomas, a quen se agradece o seu tempo e axuda.
Para comentarios, suxestións e correcións, pódese enviar un correo electrónico a info@folque.com. Teranse en conta para vindeiras versións.

Histórico de versións:
V1.0. 2024 xullo: Publicación xeral
V1.1. 2024 setembro [actual]: revisións puntuais mínimas e profunda para o catalán

[English]
aCentral Folque publishes a book in .pdf for free download with names for parts of the hurdy-gurdy in 12 different languages with designs and comments. Written in Galician language originally by musician Ariel Ninas and linguist Antón Santamarina with the indispensable collaboration of experts for the versions in English, French, German, Dutch, Italian, Spanish, Portugues, Catalan, Basque, Polish and Hungarian.
This is just a document for promoting and encouraging a normalized use of the right naming of the parts of the hurdy-gurdy, with the intention of being a reference for musicians, makers, researchers and curious people about the instrument. It is susceptible to be reviewed and improved to achieve a standard terminology.
This document is promoted by aCentral Folque in Galiza (Spain, EU). For any comment or suggestion, just write an email to info@folque.com. They will be taken them into account for future editions.

Version History:
1.0. 2024 July: First release
1.1. 2024 September [current]: minor improvements and big update for Catalan version

Design for the Atlas da zanfona
Example page in English for the Atlas de zanfona