Publicamos esta obra do compositor David Bellas escrita em encomenda para a XVIII Zona da Zanfona, Encontro Internacional. Miniaturas sobre motivos para gaita-defole e sanfona que gravou o próprio autor e o Iván Abal. Gravado na sala multiusos do Auditorio de Rianxo, espaço especial para o festival #ZdZ, lugar onde acontecen os cursos de Zona da Zanfona, Encontro Internacional que cumpre no ano 2022 dezaoito edicións ininterrompidas desde o 2005 organizado por aCentral Folque.

O eco dun tempo pretérito que resoa seccionado no aquí e agora…
Diálogo sempiterno de dous instrumentos que transitaron do erudito ao popular e do popular ao erudito en constante pulsión…
Camiño de ida e volta, circular como a roda, continuo como os bordóns…
Camiño iniciático, transmutación, máis aló, máis arriba… Et Suseia…

David Bellas: gaita-de-fole
Iván Abal: sanfona

Podes descarregar a partitura aqui:

...Et Suseia
...Et Suseia
Autor: David Bellas

Categoria: partituras
Data: 3 de Junho de 2022
0.4 MiB
49 Descargas
Mais detalhes...