Abellón. O libro negro das zoadeiras
Abellón. O libro negro das zoadeiras
Autor: Xoán-Xil López, Mauro Sanín

Categoria: Livros
Data: 9 de Abril de 2020
1.4 MiB
205 Descargas
Mais detalhes...

Abellón. O libro negro das zoadeiras dos autores Xoán-Xil López e Mauro Sanín foi publicado a finais de 2019 por aCentral Folque en formato físico. Lanzamos desde o portal http://commons.folque.com un anaco en formato .pdf para descarga gratuíta cunha guía de construcción dunha das zoadeiras inseridas no libro.

Abellón. O libro negro das zoadeiras é un ensaio de divulgación sobre o mito das abellas dentro das prácticas populares galegas asociadas coa morte e a súa relación con instrumentos universais como as zoadeiras ou bramadeiras. Achega ideas e referencias arredor do mundo apícola, os rituais de tránsito ou o son como fenómeno acústico e social en moitas culturas e momentos históricos.

A partir dunha cita de Alfredo Brañas sobre “a danza do abellón” nun velorio galego a finais do século XIX, o texto prende na curiosidade da persoa lectora para convidala a unha reflexión aberta, aparentemente non conectada, do mundo biolóxico -abellas e insectos-co artístico -acústica e paisaxe sonora-e co social -o ritual da morte.

A segunda parte do libro é unha guía ilustrada de construción de zoadeiras para todos os públicos con modelos tradicionais e contemporáneos. Se tes interese pola arte sonora, a antropoloxía, a etnomusicoloxía, a artesanía DIY, a pedagoxía, os brinquedos sonoros ou os libros antigos, esta é a túa publicación.

  • Libro
  • Colección SEIVA. Ref: SV02
  • Páxinas: 168
  • ISBN 978-84-949511-9-0
  • Mercar

 

_

Para saber máis do proxecto Abellón, segue esta ligazón: http://www.folque.com/01.140415wp/actividades/producions/abellon/

_

Lista de reprodución Vídeos-arte Abellón# (zoadeiras):

Esta publicación contou co apoio do departamento de cultura da Deputación Provincial da Coruña.

Abellón. O libro negro das zoadeiras
Abellón. O libro negro das zoadeiras
Autor: Xoán-Xil López, Mauro Sanín

Categoria: Livros
Data: 9 de Abril de 2020
1.4 MiB
205 Descargas
Mais detalhes...